Información xeral do Programa Refórzate

Con motivo da declaración do Estado de Alarma pola crise do Covid-19 e a suspensión das clases presenciais no noso colexio, para facilitar o acceso as actividades do programa Refórzate crease este blogue. Lembren unha vez máis que as actividades están orientadas ao reforzo das áreas de linguas e matemáticas e adicadas ao alumnado pertencente ao programa dos cursos de 3º - 4º e 5º - 6º de Primaria, polo que se irán subindo tendo en conta os cursos correspondentes. Dada a complicada situación de estrés e incertidume na que nos atopamos todos, e neste caso, os nenos e nenas e as súas familias, procurarase que ditas actividades sexan lúdicas e que favorezan a estancia de aillamento na casa evitando a sobrecarga de traballo. Para calquera dúbida seguiremos en contacto comigo a través do meu correo: fanyvaqueiro@gmail.com Un cordial saúdo Estefanía